sábado, 12 de julio de 2008

FESTAS DO VERÁN 2






FESTA DA VIRXE DO CARME EN CARIÑO
Se celebra o dia da Virxe do Carme, patrona dos mariñeiros. Hai unha procesión marítima para facer unha ofrenda floral aos náufragos do pobo. Na procesión execútase a "Danza dos Arcos", realizada polos mariñeiros e transmitida de xeración en xeración. Non se recorda o seu orixe.

O GLOBO DE BETANZOS
Comenza a sua andadura o 29 de maio de 1814en honor ao rei Fernando VII. Dende o 1875 don Claudino Pita Pandelo eleva un monumental Globo na Festa de San Roque, o 16 de Agosto.
Ten 25 metros de altura por 50 de circunferencia e de papel e está pegado con engrudo de fariña de centeo e pesa ao arredor de 100Kgs. Está decorado con chistes que adornan os 16 cuarterons. Elévase na Plaza do Campo pendulado do campanario da Igresia e fan fogueiras de palla para quentar o ar.


OS CANEIROS DE BETANZOS

Os romeiros preparan dende varios días as embarcacións que remontarán o río Mandeo. Despois de pintalas e instalar mesas e sillas, as engalanan con flores, follas de palmeira, farois. Despois dos tres días "grandes" das festas de San Roque, acoden nos barcos ao Campo dos Caneiros para pasar unha tarde coas merendas ao son da música de gaitas. É unha romería sen ningunha relación ou referencia relixiosa, absolutamente pagana.

domingo, 6 de julio de 2008

RICARDO SEGURA TORRELLA

Grande en sensibilidade e forza ao mesmo tempo, este mestre da pintura galega, ten un sitio de honra entre os mellores pintores galegos do século XX. Atado a terra, o seu pequeno corpo foi a caixa dunha pintura imponente e que produce ás veces desacougo, maestro do dibuxo e no manexo da cor, a súas obras abranguen un amplo abano de temas e unha evolución constante, pero ao mesmo tempo inconfundible no seu estilo.
http://www.seguratorrella.com/sp/inicio/index.php

sábado, 5 de julio de 2008

TES A FACE DE PEDRA TALLADA Cesare Pavese


A Gaveira, fotografía de Guillermo Pazos García
Tes a face de pedra tallada
sangue de terra dura,
viñeches do mar.
Todo o acolles e pescudas
e rexeitas de ti,
coma o mar. No corazón
tes silencio, tes verbas
mergulladas. Eres umbría.
Para ti o amencer e silencio.
E eres coma as voces
da terra- o golpe
do caldeiro contra o pozo,
a cantiga do lume,
a caida dun froito,
as verbas resignadas
e escuras baixo os pórticos,
o berro do neno- as cousas
que xamais se perden.
Ti non mudas. Eres escura.

sábado, 28 de junio de 2008

FESTAS DE VERÁN

http://www.festivaldeortigueira.com/

CURRO DA CAPELADA (último domingo do mes de xuño)

Empeza as dez da mañá na Pena Toxosa. Métense os cabalos dentro do cerco para reunilos no curro. Unha vez alí os gandeiros proceden á selección dos cabalos salvaxes. Tras inmobilizar á besta, o rapador córtalles a crin e márcaos.
Non soio a doma, rapa e a marcaxe dos cabalos e poldros salvaxes e un espectáculo, senón que tamén vale a pena quedar a ver as pelexas de garañóns, as carreiras de cabalos e a feira de gando do monte.

viernes, 27 de junio de 2008

NOITE DE SAN XOÁN



Pechamos o ciclo das festas de rexurdimento coa noite máxica por excelencia, a NOITE DE SAN XOAN, na noite mais longa do ano celébrase en toda Galicia unha festa adicada ao lume purificador.
Ademais das fogueiras para escorrentar os malos espíritus e os saltos impares da purificación nos que se recita o consabido: " Salto por enriba do lume de San Xoan pra que non me trabe nin cobra nin can" e e as tradicionais sardiñadas, hai outras tradicións como AS CANCELAS na que os mozos entraban nas casas dos veciños sen que os donos se enteraran e collíanlles os apeiros e trebellos de labranza para poñelos en distintos lugares da aldea para facer reir á xente.
Outra tradición era poñer ramas de codeso nas portas das casas e tamén ramallos entre as pedras.

As mozas percorrían os campos recollendo herbas e flores para metelas en auga toda a noite e lavarse a cara a mañán seguinte.
Di a lenda que moitas rapaciñas podían ver a cara do seu namorado no fondo dun vaso no que se poñía a clara dun hovo a noite anterior, ou ben algunha sinal do oficio a que se adicaba o seu futuro compañeiro.
Por outra banda o poder purificador da auga maniféstase na costume do baño de media noite e no de tomar as nove ondas, especialmente aquelas mulleres que querían ter fillos.
Nestes sitios afóndase nas variadas tradicións do San Xoán:
Noite de San Xoán
TRADICIÓNS E COSTUMES DA NOITE DE SAN XOÁN
Galicia espallada: A noite meiga de San Xoán
A noite de San Xoan

martes, 24 de junio de 2008

domingo, 22 de junio de 2008

DANZAS DE CINTAS


Outras das danzas populares mais extendidas polo mundo son as danzas de cintas. En Galicia hai diferentes manifestacións, as que teñen mais sona son as danzas ou Ranchos de Reis.
Durante moitos anos mantívose un singular canto de reis en Salceda de Caselas xunto con varios ranchos que complementaban con as súas danzas a cerimonia de ir cantar os reis polas casas. Esta tradición mantense tamén en lugares próximos como Riofrío en Mondariz, Guláns en Ponteareas e tamén no Norte de Portugal.
href="http://www.agaitadofol.com/Acontecimentos/DanzaRiofrio.php">http://www.agaitadofol.com/Acontecimentos/DanzaRiofrio.php
A danza de entrelazado de Allariz é unha das mais coñecidas, eiqui Carlos Núñez fai unha recreación, coa música da danza.


OS MAIOS NO MUNDO

Os maios non soio se celebran en Galicia, senon que en todo o mundo hai celebracións ligadas a primavera.
http://es.wikipedia.org/wiki/Festividad_de_los_Mayos#
Tamén a Igresia cristianizou estas festas creando as cruces de maio, manifestacións que se dan en moitos lugares.
Fiesta de las Cruces
O lume é o protagonista das festas de San Xoan, outra das festas equinociais , entroncadas coa celebración en moitos lugares da Europa do norde da noite de Walpurgis, que se celebra ao arredor do 1 de maio.
Noche de Walpurgis - Wikipedia, la enciclopedia libre
En Irlanda celébrase unha festa ligada tamén ao lume e ao rexurdimento.
Beltane

miércoles, 11 de junio de 2008

DANZAS DE PAOS



Este tipo de danzas, de orixen pagano, poden estar relacionadas co cambio de estación e a benvida á primavera, pero tamén coas representacións de determinados gremios.

DANZA DE PAOS DE ANCEU
Esta danza de palillos, foi moi popular en Anceu, (provincia de Pontevedra), e aínda se executa en setembro na festa da Virxe das Dores. Está recollida no Cancioneiro de Casto Sampedro. á tradicional danza se lle atribúe unha orixe celta.

DANZAS DE VILANOVA copiada de:http://www.raigame.es/dmdocuments/xornal2008.pdf
Execútase esta danza en honra da Virxe do Cristal. Nun principio era realizada polos membros do gremio dos zapateiros, ten lugar o 15 de Setembro. A Virxe é levada en silencio dende O Cristal ata Vilanova, onde fai un percorrido polo pobo. A volta ao santuario faina acompañada dos danzantes.
Pérdese a súa orixe ao arredor do 1700 . Alí na praza do Balcón estaba o hospital e houbera unha cólera de moitos enfermos en Vilanova”. Por isto, o gremio dos zapateiros apareceu danzando alí para darlle gracias á virxe por deixalos libres da enfermidade.
Nos seus comezos só podían participar homes, pero despois, pola falta de danzantes masculinos, admitíronse mulleres.
Antiguamente había que pagar unha ola de viño por ir á danza. Os oito danzantes fan unha reverencia, os danzantes quitan o sombreiro para saudar á súa pequena “pedra, pedriña”.

DANZA DAS ESPADAS DE REDONDELA copiada de:http://www.turismoredondela.es/gal_f_danza4.php
Conta a lenda que existía en Redondela un monstro, coñecido coma Coca, que aterrorizaba a comarca e de cando en vez raptaba unha moza e a levaba para a súa coba. Disque un día os mozos de Redondela decidiron reunirse para facerlle fronte e, logo dunha cruenta loita que durou varios días, matárono. Logo da súa facaña, levaron o corpo á vila, onde se celebrou unha danza na que participaron os guerreiros coas súas armas na man. Nesta danza está a orixe da actual Danza das Espadas. Pola súa banda, as mozas do lugar uníanse ó baile levando unha nena sobre os ombros, o que levou á actual Danza das Penlas. As orixes desta festa pérdense na Idade Media, e existe constancia xa no século XVI da celebración da Danza das Penlas. Xa daquela as nenas amosaban o característico vestido, con cintas de seda de cores e aros na cintura que servían para mellorar a súa suxección ás mullers que as portaban.
A DANZA DE ESPADAS DE REDONDELA É A MÁIS PURA DE CANTAS SE BAILAN EN GALICIA, E A ÚNICA QUE MANTIVO UNHA CONTINUIDADE CASI ININTERRUMPIDA DENDE A CITADA CENTURIA.

As Figuras

Os pasos actuais son os seguintes:
Colocadas as catro filas ( con 5 rapaces en cada fila ) diante do Santísimo, co Mestre diante de todo e no medio dos 2 Guías centrais.

3 REVERENCIAS Ó SANTÍSIMO:
PASE LISO.
PASE EN CADEA.
CAMIÑO DE SANTIAGO.
OITO.
ESTRELA.
Durante esta figura é cando o Mestre sae a bailar el só: primeiro faille unha reverencia ó Santísimo, despois a Virxe (A Gabacha), e por último báilalle ás burras e as penlas.
AMAPOLA.
Da estrela pasan a facer a amapola, onde unha fila forma o taio da amapola e as outras tres fanse círculos formando así os tres pétalos da amapola, ademais dentro dos tres pétalos rodean: nun a unha burra coa penla, noutro a outra burra coa súa penla e no terceiro pétalo ó gaiteiro e ó tamborileiro.
ÁNCORA
R (erre)
VOLTA ARREDOR DA PRAZA.
Agás nas 3 reverencias ó Santísimo, pase liso, estrela e volta arredor da praza; en tódalas demais figuras os danzantes fan sempre cadeneta, ou sexa, zig-zag entre eles, e ademais levan as espadas no alto.
Polo que respecta ás Burras e as Penlas bailaban dentro e fóra do grupo da Danza, comezando polo saúdo á Virxe que facía a segunda penla, separándose do seu lugar que era entre os últimos danzantes, e seguíndoa a primeira, que o seu sitio era á cabeza da danza, detrás do mestre. Dirixían saúdos ó Santísimo, facían soar os asubíos, movían os brazos e o corpo constantemente e botaban flores; todo dentro dos movementos xerais que as Burras lles imprimían en combinación coas figuras da Danza.

DANZAS DE ARCOS

As danzas gremiais son bailes coreográficos que conservan a estrutura dos oficios tradicionais e se trasladan de pais a fillos. Quedan así estas danzas como fonte de estudio e de referencia. Pero, sobre todo, como mostra dun rico legado que se debe seguir revivindo e facendo.

DANZAS DE ARCOS

A danza de mariñeiros de Betanzos copiada de:http://www.blogoteca.com/cartafoldomandeo/index.php?l=1&pag=5
Se bailou case ininterrompidamente desde a Idade Media. Casto Sampedro y Folgar no seu Cancionero Musical de Galicia fala das danzas gremiais de Betanzos, sen especificar gremios, pasos nin complementos dos danzantes. Na análise que fai das danzas podemos atopar similitude con outras de Galiza. Aínda con iso, a danza de mariñeiros, caracterizada polos arcos, diferénciase doutras danzas executadas por mareantes en Pontevedra, Redondela, Marín ou Baiona, na que os executantes realizan unha "danza de espadas". O vestiario, esencialmente branco con faixa vermella, si é, en cambio, equiparábel a moitas outras danzas.
O guía leva espada , e porra o contraguía mentres un outro mariñeiro, solto da fileira durante a execución do baile, executa unha danza paralela coa bandeira. E a outra figura exenta do grupo de danzantes, que con guía e contraguía representa o triunfo do ben sobre o mal tras a tentación, é a representación do demo, o popularmente chamado Gamachiño. As súas orixes foron rastrexadas até o século XVI, pero refírense a alomenos outro século máis. Os mareantes, en confraría, acompañaban coa súa danza á festa do Corpus e a San Roque desde que é patrón da cidade. Mantida pola confraría, co paso do tempo esmoreceu até que pasou a ser parte do repertorio da O.J.E., tralo que voltou a unha asociación de base no seu barrio da Ribeira, para seguir a acompañar, coas súas carreiras e as súas cintas en branco, azul e vermello simbolizando á cidade, as festas patronais de San Roque







A DANZA DE MARIÑEIROS DE CARIÑO
Se hai unha tradición singular e diferenciadora do Concello de Cariño, esa é a danza de arcos. Vencellada dende sempre aos mariñeiros, a danza de arcos acompaña inexorablemente aos festexos que se celebran na vila.
Ninguén coñece a ciencia certa a súa antigüidade, nin a súa procedencia, se ben os pasos de baile foron trasmitíndose ao longo dos anos de maneira inalterada de pais a fillos.
Case que tódolos rapaces do pobo nalgunha época das súas vidas formaron parte deste masculino baile cariñés, ainda que hoxe en día a tradición adecuouse con naturalidade aos tempos que corren, e a posibilidade de participar abríuse ao xénero feminino.
O día máis álxido do ano para a danza de arcos é o 16 de xullo, festividade da Virxe do Carme, patrona dos mariñeiros. Nesta data a agrupación acompaña por terra e por mar á santa agasallándoa, logo da impresionante travesía mariña aos cantís de Ortegal, con todo un extenso recital de pasos e figuras inverosímiles herdadas de xeración en xeración.
A danza composta por un número impar de homes ataviados cunha vestimenta branca adornada cuns lazos de colores no seu ombro esquerdo, una banda cruzada de dereita a esquerda que pode ser de distintas cores, e un pano floreado á cintura.
O que vai diante, denominado guía, é o encargado de sincronizar os movementos co último, denominado cola. Estes dous bailaríns distínguense por levar un mantón de Manila.
Os arcos de madeira adornados en forma de flor de papel, son movidos ao compás da música facendo distintas filigranas e formas que tanto caracterizan este baile.
Os distintos pasos con bailes se denominan Ponte Alto, Ponte Baixo, Culebrina, Caracol, Paseo Largo e No.
Tamén en San Isidro de Montes bailase unha danza de arcos en honor ao seu patrón, iqual que noutras zonas de España, na que os arcos son engalanados con plantas e flores festexando a este santo labrador.

sábado, 31 de mayo de 2008

OS MAIOS

Copiada na súa maior parte de:
http://www.galespa.com.ar/festas_maios.htm
Chegou xa o maio
cantando ós amores,
namorando ás nenas,
vestido de flores.
Di a copla milenaria que marzo é airoso e abril chuviñoso, pero o Mes de Maio é florido e fermoso. Todos os pobos senten unha gran admiración polo renacer cíclico da natureza, o fin do inverno e a chegada do bo tempo, a explosión da vida protagonizada polas plantas. Galicia non é un caso illado; en moitas aldeas e pobos celébranse de xeito diferente, unha serie de manifestacións folclóricas, agrarias e lúdicas, co fin de festexar o renacer anual. O "Ciclo de Maio", está comprendido entre mediados de abril e mediados de maio, pero algúns autores son partidarios de alargalo ata o 24 de xuño, festividade de San Xoán (solsticio de verán), onde hai unha serie de festas e ritos encamiñados a conseguir abundante colleita e a celebrar o fin do inverno.



Estes ritos son restos de antigos cultos agrarios e da fecundidade, de procedencia diversa e de épocas que abranguen dende o Paleolítico ata a Idade Media. Localízanse tamén en outras comunidades e países.

A festa mayumea fenicia exaltaba a primavera. Esas costumes foron asimiladas polas civilizacións prerromanas, como a celta. A festividade celta de Beltane marcaba o comenzo do verán pastoril cando o gando se levaba aos pastos de verán nas montañas. Unha das actividades da festa consistía en acender fogueiras nas montañas.

Os gregos crearon un mito para explicar o cambio estacional: " Perséfone, filla da deusa da fertilidade da terra (Deméter para os gregos, Ceres para os romanos) que foi raptada polo señor do escuro mundo subterráneo, cando, como tódolos anos, volta á terra despois do inverno que pasa co seu esposo Hades, a súa nai recíbea cunha explosión de ledos verdes e flores multicores". Esta eclosión primaveral celebrábana as mulleres da Atenas clásica coas festas mistéricas ,de carácter secreto e prohibidas ós homes , dedicadas á deusa dos cereais.
Os cidadáns romanos, pola súa parte, xa antes de ter escravos que lles traballaran as terras, festexaban á Maia, nai do nome do mes, durante a que se purificaban os campos coa realización de sacrificios de animais. Os cristiáns adaptarán, en grande medida, estas festividades no seu santoral transformando o nome, pero non os contidos.
Na etapa medieval a celebración de rituais propiciatorios do espertar da natureza, expresión cultural dunha sociedade agraria na que xogan un papel fundamental os cambios estacionais para o seu traballo, experimentou, sen dúbida, un notable desenvolvemento. Entre os festexos estarían, sen dúbida, os do mes de Maio e os do tempo da colleita, preferentemente a do pan.



Os Maios representan o rexurdimento da natureza coa chegada da primavera e que
infinidade de pobos de todo o mundo celebran de diferentes xeitos. Na Galiza temos
varios tipos de Maios:
1. O Maio humano, o máis antigo, que é o home ou rapaz cuberto de follatos e flores
que sae polo lugar, acompañado de rapaces que paran para cantar ao redor do Maio
con acompañamento de paus. Con tal motivo pídense as maiolas ou maias,
castañas, noces,ovos... ou diñeiro.
2. Noutros lugares é unha especie de pirámide de pau cuberta con follatos e flores e
froitas que se leva en padiolas e que ao seu redor se cantan cantigas tradicionais ou
satíricas ao redor con acompañamento de paus.
3. Son os Maios artísticos, máis modernos, con figuracións de Hórreos barcos,
monumentos, etc.
Manuel Murguía, Vicente Risco, Benito Vicetto, Filgueira Valverde, Otero Pedrayo e, na actualidade, Clodio González Pérez, teñen indagado e feito labores de investigación e recuperación desta antiga tradición que liga, dun xeito case espontáneo, o home coa terra a través do ciclo agrario.

domingo, 11 de mayo de 2008

CANTA LUIS EMILIO BATALLÁN

HAÍ VEN O MAIO Curros Enriquez

AI VEN O MAIO

Aí ven o maio
de flores cuberto…
Puxéronse a porta
cantándome os nenos;
e os puchos furados
pra min estendendo,
pedíronme crocas
dos meus castiñeiros.

Pasai,rapaciños,
calados e quedos;
que o que é polo de
hoxe
que darvos non teño.
Eu sonvos o probe
do pobo galego:
pra min non hai maio,
¡pra min sempre é
inverno!…

Cando eu me atopare
de donos liberto
e o pan non me quiten
trabucos e préstemos,
e como os do abade
florezan meus eidos
chegado habrá
entonces
o maio que eu quero.

Queredes castañas
dos meus castiñeiros?


Cantádeme un maio
sin bruxas nin demos;
un maio sin segas,
usuras nin preitos,
sin quintas,nin portas,
nin foros,nin cregos.

O RIO EUME

miércoles, 16 de abril de 2008

  • PARQUE NATURAL DAS FRAGAS DO EUME
    Esta páxina ten moitísima información sobre as Fragas
    www.eumeturismo.org/

martes, 1 de abril de 2008

RÍO XUBIA


CANTARES GALEGOS Rosalía de Castro
Así mo pediron
na veira do río
que corre entre as herbas
do campo florido.
Cantaban os grilos,
os galos cantaban,
o vento entre as follas
runxindo pasaba

miércoles, 26 de marzo de 2008

HISTORIAS DEL CALENDARIO. Bertolt Brecht

A los setenta años, ya achacoso,
sintió el maestro un gran ansia de paz.
Moría la bondad en el país
y se iba haciendo fuerte la maldad.
Se abrochó los zapatos.

Empaquetó las cosas necesarias.
Pocas. Pero algo había que llevar.
La pipa en que fumaba cada noche,
el libro que leía a todas horas.
Algo de blanco pan.

Gozó mirando el valle y lo olvidó
cuando la senda comenzó a ascender.
Rumiaba el buey, alegre, hierba fresca
mientras llevaba al viejo.
Pero iba muy deprisa para él.

Caminó cuatro días entre peñas
hasta que un aduanero lo paró.
-¿Alguna cosa de valor?
"Ninguna"."Es un maestro",
dijo el joven guía del buey.
Y el aduanero comprendió.

sábado, 22 de marzo de 2008

De dous en dous

Joaquín, Angeles, Tucho e Troski na praia de Ponzos. Ferrol

domingo, 16 de marzo de 2008

RIOS VECIÑOS



O RAPOSO E O CAN (Conto recollido a avoa Juana de Cambás, Aranga)




Este era un raposo que se chamaba Pedro, e era o raposo mais larpeiro que viñera a aldea dende hai moito tempo. Polo visto non se conformaba con comer as galiñas, senón que tamén lle gustaban os ovos; a tía Marica xa non sabía que facer de xantar agás o caldiño. O seu neto Xan era un neno moi espelido e moi arteiro. Un día que foi visitar a tía Marica e que esta lle contou o que estaba a pasar con Pedro o raposo, Xan lle dixo a súa avoa:
-Avoiña deixao nas miñas mans e xa verás como vos libro dese raposo larpeiro.
E dito e feito, Xan colleu o seu can Palleiriño e meteuno nun saco, atou o saco e o puxo ao lombo. Foi con el ata o prado, deixou o saco na veira e púxose a facer que cortaba a herba.
Ao pouco pasou por alí Pedro o raposo que moi educadamente saudou:
-Bo día Xan
-Bo día don Pedro, alégrome de velo.
-Xa vexo que tes moito traballo.
-Pois si, se tivera alguen que me axudara.....
-Eu axudaríate con gusto, pero estou mal dos cadrís.
-Que mágoa, pois teño alí unha galiña para quen me axude.
-Parece que xa estou mellor, podo ver a galiña?.
- Non que se escapa
-Oliscareina un pouco... Ser sera galiña pero ulir úleme a can.
-Don Pedro , e a millor galiña da aldea.
- Bueno axudareite.
Despois de traballar recollendo a herba, o raposo levou o saco o seu cubil, e cando o abriu saliulle o can con intención de trabarlle... O raposo corria moito pero o can íalle detrás mordendolle o rabo, polo que Pedro o raposo corría e decía:
-Corre corre meu rabiño que senón te come o canciño, corre corre meu rabiño que senón te come o canciño...

o avó Troski



lunes, 10 de marzo de 2008

CANCIÓN DAS TRES CUCHARAS Luís Pimentel

Tac,tac,tac
cuchara de pan
cunca de madeira
o meu neno
está na lareira.
Tin,tin,tin
cuchara de prata
cunca do pazo
o meu neno
está no regazo.
Ton, ton,ton
cuchara de ouro
cunca de cristal
o meu neno
é príncipe real.

domingo, 9 de marzo de 2008

TUCHO

Auténtico can de palleiro con lenda- disque ten sangue de lobo-