domingo, 16 de marzo de 2008

O RAPOSO E O CAN (Conto recollido a avoa Juana de Cambás, Aranga)




Este era un raposo que se chamaba Pedro, e era o raposo mais larpeiro que viñera a aldea dende hai moito tempo. Polo visto non se conformaba con comer as galiñas, senón que tamén lle gustaban os ovos; a tía Marica xa non sabía que facer de xantar agás o caldiño. O seu neto Xan era un neno moi espelido e moi arteiro. Un día que foi visitar a tía Marica e que esta lle contou o que estaba a pasar con Pedro o raposo, Xan lle dixo a súa avoa:
-Avoiña deixao nas miñas mans e xa verás como vos libro dese raposo larpeiro.
E dito e feito, Xan colleu o seu can Palleiriño e meteuno nun saco, atou o saco e o puxo ao lombo. Foi con el ata o prado, deixou o saco na veira e púxose a facer que cortaba a herba.
Ao pouco pasou por alí Pedro o raposo que moi educadamente saudou:
-Bo día Xan
-Bo día don Pedro, alégrome de velo.
-Xa vexo que tes moito traballo.
-Pois si, se tivera alguen que me axudara.....
-Eu axudaríate con gusto, pero estou mal dos cadrís.
-Que mágoa, pois teño alí unha galiña para quen me axude.
-Parece que xa estou mellor, podo ver a galiña?.
- Non que se escapa
-Oliscareina un pouco... Ser sera galiña pero ulir úleme a can.
-Don Pedro , e a millor galiña da aldea.
- Bueno axudareite.
Despois de traballar recollendo a herba, o raposo levou o saco o seu cubil, e cando o abriu saliulle o can con intención de trabarlle... O raposo corria moito pero o can íalle detrás mordendolle o rabo, polo que Pedro o raposo corría e decía:
-Corre corre meu rabiño que senón te come o canciño, corre corre meu rabiño que senón te come o canciño...

No hay comentarios: