
Aí ven o maio
de flores cuberto…
Puxéronse a porta
cantándome os nenos;
e os puchos furados
pra min estendendo,
pedíronme crocas
dos meus castiñeiros.
Pasai,rapaciños,

calados e quedos;
que o que é polo de
hoxe
que darvos non teño.
Eu sonvos o probe
do pobo galego:
pra min non hai maio,
¡pra min sempre é

inverno!…
Cando eu me atopare
de donos liberto
e o pan non me quiten
trabucos e préstemos,
e como os do abade
florezan meus eidos
chegado habrá
entonces
o maio que eu quero.

Queredes castañas
dos meus castiñeiros?
…
Cantádeme un maio
sin bruxas nin demos;
un maio sin segas,
usuras nin preitos,
sin quintas,nin portas,
nin foros,nin cregos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario