
Este tipo de danzas, de orixen pagano, poden estar relacionadas co cambio de estación e a benvida á primavera, pero tamén coas representacións de determinados gremios.
DANZA DE PAOS DE ANCEU
Esta danza de palillos, foi moi popular en Anceu, (provincia de Pontevedra), e aínda se executa en setembro na festa da Virxe das Dores. Está recollida no Cancioneiro de Casto Sampedro. á tradicional danza se lle atribúe unha orixe celta.
DANZAS DE VILANOVA copiada de:http://www.raigame.es/dmdocuments/xornal2008.pdf
Execútase esta danza en honra da Virxe do Cristal. Nun principio era realizada polos membros do gremio dos zapateiros, ten lugar o 15 de Setembro. A Virxe é levada en silencio dende O Cristal ata Vilanova, onde fai un percorrido polo pobo. A volta ao santuario faina acompañada dos danzantes.
Pérdese a súa orixe ao arredor do 1700 . Alí na praza do Balcón estaba o hospital e houbera unha cólera de moitos enfermos en Vilanova”. Por isto, o gremio dos zapateiros apareceu danzando alí para darlle gracias á virxe por deixalos libres da enfermidade.
Nos seus comezos só podían participar homes, pero despois, pola falta de danzantes masculinos, admitíronse mulleres.
Antiguamente había que pagar unha ola de viño por ir á danza. Os oito danzantes fan unha reverencia, os danzantes quitan o sombreiro para saudar á súa pequena “pedra, pedriña”.
DANZA DAS ESPADAS DE REDONDELA copiada de:http://www.turismoredondela.es/gal_f_danza4.php
Conta a lenda que existía en Redondela un monstro, coñecido coma Coca, que aterrorizaba a comarca e de cando en vez raptaba unha moza e a levaba para a súa coba. Disque un día os mozos de Redondela decidiron reunirse para facerlle fronte e, logo dunha cruenta loita que durou varios días, matárono. Logo da súa facaña, levaron o corpo á vila, onde se celebrou unha danza na que participaron os guerreiros coas súas armas na man. Nesta danza está a orixe da actual Danza das Espadas. Pola súa banda, as mozas do lugar uníanse ó baile levando unha nena sobre os ombros, o que levou á actual Danza das Penlas. As orixes desta festa pérde
nse na Idade Media, e existe constancia xa no século XVI da celebración da Danza das Penlas. Xa daquela as nenas amosaban o característico vestido, con cintas de seda de cores e aros na cintura que servían para mellorar a súa suxección ás mullers que as portaban.
A DANZA DE ESPADAS DE REDONDELA É A MÁIS PURA DE CANTAS SE BAILAN EN GALICIA, E A ÚNICA QUE MANTIVO UNHA CONTINUIDADE CASI ININTERRUMPIDA DENDE A CITADA CENTURIA.
As Figuras
Os pasos actuais son os seguintes:
Colocadas as catro filas ( con 5 rapaces en cada fila ) diante do Santísimo, co Mestre diante de todo e no medio dos 2 Guías centrais.
3 REVERENCIAS Ó SANTÍSIMO:
PASE LISO.
PASE EN CADEA.
CAMIÑO DE SANTIAGO.
OITO.
ESTRELA.
Durante esta figura é cando o Mestre sae a bailar el só: primeiro faille unha reverencia ó Santísimo, despois a Virxe (A Gabacha), e por último báilalle ás burras e as penlas.
AMAPOLA.
Da estrela pasan a facer a amapola, onde unha fila forma o taio da amapola e as outras tres fanse círculos formando así os tres pétalos da amapola, ademais dentro dos tres pétalos rodean: nun a unha burra coa penla, noutro a outra burra coa súa penla e no terceiro pétalo ó gaiteiro e ó tamborileiro.
ÁNCORA
R (erre)
VOLTA ARREDOR DA PRAZA.
Agás nas 3 reverencias ó Santísimo, pase liso, estrela e volta arredor da praza; en tódalas demais figuras os danzantes fan sempre cadeneta, ou sexa, zig-zag entre eles, e ademais levan as espadas no alto.
Polo que respecta ás Burras e as Penlas bailaban dentro e fóra do grupo da Danza, comezando polo saúdo á Virxe que facía a segunda penla, separándose do seu lugar que era entre os últimos danzantes, e seguíndoa a primeira, que o seu sitio era á cabeza da danza, detrás do mestre. Dirixían saúdos ó Santísimo, facían soar os asubíos, movían os brazos e o corpo constantemente e botaban flores; todo dentro dos movementos xerais que as Burras lles imprimían en combinación coas figuras da Danza.
nse na Idade Media, e existe constancia xa no século XVI da celebración da Danza das Penlas. Xa daquela as nenas amosaban o característico vestido, con cintas de seda de cores e aros na cintura que servían para mellorar a súa suxección ás mullers que as portaban.A DANZA DE ESPADAS DE REDONDELA É A MÁIS PURA DE CANTAS SE BAILAN EN GALICIA, E A ÚNICA QUE MANTIVO UNHA CONTINUIDADE CASI ININTERRUMPIDA DENDE A CITADA CENTURIA.
As Figuras
Os pasos actuais son os seguintes:
Colocadas as catro filas ( con 5 rapaces en cada fila ) diante do Santísimo, co Mestre diante de todo e no medio dos 2 Guías centrais.
3 REVERENCIAS Ó SANTÍSIMO:
PASE LISO.
PASE EN CADEA.
CAMIÑO DE SANTIAGO.
OITO.
ESTRELA.
Durante esta figura é cando o Mestre sae a bailar el só: primeiro faille unha reverencia ó Santísimo, despois a Virxe (A Gabacha), e por último báilalle ás burras e as penlas.
AMAPOLA.
Da estrela pasan a facer a amapola, onde unha fila forma o taio da amapola e as outras tres fanse círculos formando así os tres pétalos da amapola, ademais dentro dos tres pétalos rodean: nun a unha burra coa penla, noutro a outra burra coa súa penla e no terceiro pétalo ó gaiteiro e ó tamborileiro.
ÁNCORA
R (erre)
VOLTA ARREDOR DA PRAZA.
Agás nas 3 reverencias ó Santísimo, pase liso, estrela e volta arredor da praza; en tódalas demais figuras os danzantes fan sempre cadeneta, ou sexa, zig-zag entre eles, e ademais levan as espadas no alto.
Polo que respecta ás Burras e as Penlas bailaban dentro e fóra do grupo da Danza, comezando polo saúdo á Virxe que facía a segunda penla, separándose do seu lugar que era entre os últimos danzantes, e seguíndoa a primeira, que o seu sitio era á cabeza da danza, detrás do mestre. Dirixían saúdos ó Santísimo, facían soar os asubíos, movían os brazos e o corpo constantemente e botaban flores; todo dentro dos movementos xerais que as Burras lles imprimían en combinación coas figuras da Danza.
1 comentario:
queria comentar que dentro de esas referencias que facedes as danzas das espadas creo que os olvidades de unha que se baila ininterrunpidamente desde o medievo,pertencete ao gremio dos mareante de baiona,A DANZA DAS ESPADAS DE BAIONA,se necesitades mais informacion sobre ela contacta con nos, saudos
Publicar un comentario