viernes, 27 de junio de 2008

NOITE DE SAN XOÁN



Pechamos o ciclo das festas de rexurdimento coa noite máxica por excelencia, a NOITE DE SAN XOAN, na noite mais longa do ano celébrase en toda Galicia unha festa adicada ao lume purificador.
Ademais das fogueiras para escorrentar os malos espíritus e os saltos impares da purificación nos que se recita o consabido: " Salto por enriba do lume de San Xoan pra que non me trabe nin cobra nin can" e e as tradicionais sardiñadas, hai outras tradicións como AS CANCELAS na que os mozos entraban nas casas dos veciños sen que os donos se enteraran e collíanlles os apeiros e trebellos de labranza para poñelos en distintos lugares da aldea para facer reir á xente.
Outra tradición era poñer ramas de codeso nas portas das casas e tamén ramallos entre as pedras.

As mozas percorrían os campos recollendo herbas e flores para metelas en auga toda a noite e lavarse a cara a mañán seguinte.
Di a lenda que moitas rapaciñas podían ver a cara do seu namorado no fondo dun vaso no que se poñía a clara dun hovo a noite anterior, ou ben algunha sinal do oficio a que se adicaba o seu futuro compañeiro.
Por outra banda o poder purificador da auga maniféstase na costume do baño de media noite e no de tomar as nove ondas, especialmente aquelas mulleres que querían ter fillos.
Nestes sitios afóndase nas variadas tradicións do San Xoán:
Noite de San Xoán
TRADICIÓNS E COSTUMES DA NOITE DE SAN XOÁN
Galicia espallada: A noite meiga de San Xoán
A noite de San Xoan

No hay comentarios: