miércoles, 11 de junio de 2008

DANZAS DE ARCOS

As danzas gremiais son bailes coreográficos que conservan a estrutura dos oficios tradicionais e se trasladan de pais a fillos. Quedan así estas danzas como fonte de estudio e de referencia. Pero, sobre todo, como mostra dun rico legado que se debe seguir revivindo e facendo.

DANZAS DE ARCOS

A danza de mariñeiros de Betanzos copiada de:http://www.blogoteca.com/cartafoldomandeo/index.php?l=1&pag=5
Se bailou case ininterrompidamente desde a Idade Media. Casto Sampedro y Folgar no seu Cancionero Musical de Galicia fala das danzas gremiais de Betanzos, sen especificar gremios, pasos nin complementos dos danzantes. Na análise que fai das danzas podemos atopar similitude con outras de Galiza. Aínda con iso, a danza de mariñeiros, caracterizada polos arcos, diferénciase doutras danzas executadas por mareantes en Pontevedra, Redondela, Marín ou Baiona, na que os executantes realizan unha "danza de espadas". O vestiario, esencialmente branco con faixa vermella, si é, en cambio, equiparábel a moitas outras danzas.
O guía leva espada , e porra o contraguía mentres un outro mariñeiro, solto da fileira durante a execución do baile, executa unha danza paralela coa bandeira. E a outra figura exenta do grupo de danzantes, que con guía e contraguía representa o triunfo do ben sobre o mal tras a tentación, é a representación do demo, o popularmente chamado Gamachiño. As súas orixes foron rastrexadas até o século XVI, pero refírense a alomenos outro século máis. Os mareantes, en confraría, acompañaban coa súa danza á festa do Corpus e a San Roque desde que é patrón da cidade. Mantida pola confraría, co paso do tempo esmoreceu até que pasou a ser parte do repertorio da O.J.E., tralo que voltou a unha asociación de base no seu barrio da Ribeira, para seguir a acompañar, coas súas carreiras e as súas cintas en branco, azul e vermello simbolizando á cidade, as festas patronais de San Roque







A DANZA DE MARIÑEIROS DE CARIÑO
Se hai unha tradición singular e diferenciadora do Concello de Cariño, esa é a danza de arcos. Vencellada dende sempre aos mariñeiros, a danza de arcos acompaña inexorablemente aos festexos que se celebran na vila.
Ninguén coñece a ciencia certa a súa antigüidade, nin a súa procedencia, se ben os pasos de baile foron trasmitíndose ao longo dos anos de maneira inalterada de pais a fillos.
Case que tódolos rapaces do pobo nalgunha época das súas vidas formaron parte deste masculino baile cariñés, ainda que hoxe en día a tradición adecuouse con naturalidade aos tempos que corren, e a posibilidade de participar abríuse ao xénero feminino.
O día máis álxido do ano para a danza de arcos é o 16 de xullo, festividade da Virxe do Carme, patrona dos mariñeiros. Nesta data a agrupación acompaña por terra e por mar á santa agasallándoa, logo da impresionante travesía mariña aos cantís de Ortegal, con todo un extenso recital de pasos e figuras inverosímiles herdadas de xeración en xeración.
A danza composta por un número impar de homes ataviados cunha vestimenta branca adornada cuns lazos de colores no seu ombro esquerdo, una banda cruzada de dereita a esquerda que pode ser de distintas cores, e un pano floreado á cintura.
O que vai diante, denominado guía, é o encargado de sincronizar os movementos co último, denominado cola. Estes dous bailaríns distínguense por levar un mantón de Manila.
Os arcos de madeira adornados en forma de flor de papel, son movidos ao compás da música facendo distintas filigranas e formas que tanto caracterizan este baile.
Os distintos pasos con bailes se denominan Ponte Alto, Ponte Baixo, Culebrina, Caracol, Paseo Largo e No.
Tamén en San Isidro de Montes bailase unha danza de arcos en honor ao seu patrón, iqual que noutras zonas de España, na que os arcos son engalanados con plantas e flores festexando a este santo labrador.

No hay comentarios: