sábado, 28 de junio de 2008

FESTAS DE VERÁN

http://www.festivaldeortigueira.com/

CURRO DA CAPELADA (último domingo do mes de xuño)

Empeza as dez da mañá na Pena Toxosa. Métense os cabalos dentro do cerco para reunilos no curro. Unha vez alí os gandeiros proceden á selección dos cabalos salvaxes. Tras inmobilizar á besta, o rapador córtalles a crin e márcaos.
Non soio a doma, rapa e a marcaxe dos cabalos e poldros salvaxes e un espectáculo, senón que tamén vale a pena quedar a ver as pelexas de garañóns, as carreiras de cabalos e a feira de gando do monte.

viernes, 27 de junio de 2008

NOITE DE SAN XOÁN



Pechamos o ciclo das festas de rexurdimento coa noite máxica por excelencia, a NOITE DE SAN XOAN, na noite mais longa do ano celébrase en toda Galicia unha festa adicada ao lume purificador.
Ademais das fogueiras para escorrentar os malos espíritus e os saltos impares da purificación nos que se recita o consabido: " Salto por enriba do lume de San Xoan pra que non me trabe nin cobra nin can" e e as tradicionais sardiñadas, hai outras tradicións como AS CANCELAS na que os mozos entraban nas casas dos veciños sen que os donos se enteraran e collíanlles os apeiros e trebellos de labranza para poñelos en distintos lugares da aldea para facer reir á xente.
Outra tradición era poñer ramas de codeso nas portas das casas e tamén ramallos entre as pedras.

As mozas percorrían os campos recollendo herbas e flores para metelas en auga toda a noite e lavarse a cara a mañán seguinte.
Di a lenda que moitas rapaciñas podían ver a cara do seu namorado no fondo dun vaso no que se poñía a clara dun hovo a noite anterior, ou ben algunha sinal do oficio a que se adicaba o seu futuro compañeiro.
Por outra banda o poder purificador da auga maniféstase na costume do baño de media noite e no de tomar as nove ondas, especialmente aquelas mulleres que querían ter fillos.
Nestes sitios afóndase nas variadas tradicións do San Xoán:
Noite de San Xoán
TRADICIÓNS E COSTUMES DA NOITE DE SAN XOÁN
Galicia espallada: A noite meiga de San Xoán
A noite de San Xoan

martes, 24 de junio de 2008

domingo, 22 de junio de 2008

DANZAS DE CINTAS


Outras das danzas populares mais extendidas polo mundo son as danzas de cintas. En Galicia hai diferentes manifestacións, as que teñen mais sona son as danzas ou Ranchos de Reis.
Durante moitos anos mantívose un singular canto de reis en Salceda de Caselas xunto con varios ranchos que complementaban con as súas danzas a cerimonia de ir cantar os reis polas casas. Esta tradición mantense tamén en lugares próximos como Riofrío en Mondariz, Guláns en Ponteareas e tamén no Norte de Portugal.
href="http://www.agaitadofol.com/Acontecimentos/DanzaRiofrio.php">http://www.agaitadofol.com/Acontecimentos/DanzaRiofrio.php
A danza de entrelazado de Allariz é unha das mais coñecidas, eiqui Carlos Núñez fai unha recreación, coa música da danza.


OS MAIOS NO MUNDO

Os maios non soio se celebran en Galicia, senon que en todo o mundo hai celebracións ligadas a primavera.
http://es.wikipedia.org/wiki/Festividad_de_los_Mayos#
Tamén a Igresia cristianizou estas festas creando as cruces de maio, manifestacións que se dan en moitos lugares.
Fiesta de las Cruces
O lume é o protagonista das festas de San Xoan, outra das festas equinociais , entroncadas coa celebración en moitos lugares da Europa do norde da noite de Walpurgis, que se celebra ao arredor do 1 de maio.
Noche de Walpurgis - Wikipedia, la enciclopedia libre
En Irlanda celébrase unha festa ligada tamén ao lume e ao rexurdimento.
Beltane

miércoles, 11 de junio de 2008

DANZAS DE PAOS



Este tipo de danzas, de orixen pagano, poden estar relacionadas co cambio de estación e a benvida á primavera, pero tamén coas representacións de determinados gremios.

DANZA DE PAOS DE ANCEU
Esta danza de palillos, foi moi popular en Anceu, (provincia de Pontevedra), e aínda se executa en setembro na festa da Virxe das Dores. Está recollida no Cancioneiro de Casto Sampedro. á tradicional danza se lle atribúe unha orixe celta.

DANZAS DE VILANOVA copiada de:http://www.raigame.es/dmdocuments/xornal2008.pdf
Execútase esta danza en honra da Virxe do Cristal. Nun principio era realizada polos membros do gremio dos zapateiros, ten lugar o 15 de Setembro. A Virxe é levada en silencio dende O Cristal ata Vilanova, onde fai un percorrido polo pobo. A volta ao santuario faina acompañada dos danzantes.
Pérdese a súa orixe ao arredor do 1700 . Alí na praza do Balcón estaba o hospital e houbera unha cólera de moitos enfermos en Vilanova”. Por isto, o gremio dos zapateiros apareceu danzando alí para darlle gracias á virxe por deixalos libres da enfermidade.
Nos seus comezos só podían participar homes, pero despois, pola falta de danzantes masculinos, admitíronse mulleres.
Antiguamente había que pagar unha ola de viño por ir á danza. Os oito danzantes fan unha reverencia, os danzantes quitan o sombreiro para saudar á súa pequena “pedra, pedriña”.

DANZA DAS ESPADAS DE REDONDELA copiada de:http://www.turismoredondela.es/gal_f_danza4.php
Conta a lenda que existía en Redondela un monstro, coñecido coma Coca, que aterrorizaba a comarca e de cando en vez raptaba unha moza e a levaba para a súa coba. Disque un día os mozos de Redondela decidiron reunirse para facerlle fronte e, logo dunha cruenta loita que durou varios días, matárono. Logo da súa facaña, levaron o corpo á vila, onde se celebrou unha danza na que participaron os guerreiros coas súas armas na man. Nesta danza está a orixe da actual Danza das Espadas. Pola súa banda, as mozas do lugar uníanse ó baile levando unha nena sobre os ombros, o que levou á actual Danza das Penlas. As orixes desta festa pérdense na Idade Media, e existe constancia xa no século XVI da celebración da Danza das Penlas. Xa daquela as nenas amosaban o característico vestido, con cintas de seda de cores e aros na cintura que servían para mellorar a súa suxección ás mullers que as portaban.
A DANZA DE ESPADAS DE REDONDELA É A MÁIS PURA DE CANTAS SE BAILAN EN GALICIA, E A ÚNICA QUE MANTIVO UNHA CONTINUIDADE CASI ININTERRUMPIDA DENDE A CITADA CENTURIA.

As Figuras

Os pasos actuais son os seguintes:
Colocadas as catro filas ( con 5 rapaces en cada fila ) diante do Santísimo, co Mestre diante de todo e no medio dos 2 Guías centrais.

3 REVERENCIAS Ó SANTÍSIMO:
PASE LISO.
PASE EN CADEA.
CAMIÑO DE SANTIAGO.
OITO.
ESTRELA.
Durante esta figura é cando o Mestre sae a bailar el só: primeiro faille unha reverencia ó Santísimo, despois a Virxe (A Gabacha), e por último báilalle ás burras e as penlas.
AMAPOLA.
Da estrela pasan a facer a amapola, onde unha fila forma o taio da amapola e as outras tres fanse círculos formando así os tres pétalos da amapola, ademais dentro dos tres pétalos rodean: nun a unha burra coa penla, noutro a outra burra coa súa penla e no terceiro pétalo ó gaiteiro e ó tamborileiro.
ÁNCORA
R (erre)
VOLTA ARREDOR DA PRAZA.
Agás nas 3 reverencias ó Santísimo, pase liso, estrela e volta arredor da praza; en tódalas demais figuras os danzantes fan sempre cadeneta, ou sexa, zig-zag entre eles, e ademais levan as espadas no alto.
Polo que respecta ás Burras e as Penlas bailaban dentro e fóra do grupo da Danza, comezando polo saúdo á Virxe que facía a segunda penla, separándose do seu lugar que era entre os últimos danzantes, e seguíndoa a primeira, que o seu sitio era á cabeza da danza, detrás do mestre. Dirixían saúdos ó Santísimo, facían soar os asubíos, movían os brazos e o corpo constantemente e botaban flores; todo dentro dos movementos xerais que as Burras lles imprimían en combinación coas figuras da Danza.

DANZAS DE ARCOS

As danzas gremiais son bailes coreográficos que conservan a estrutura dos oficios tradicionais e se trasladan de pais a fillos. Quedan así estas danzas como fonte de estudio e de referencia. Pero, sobre todo, como mostra dun rico legado que se debe seguir revivindo e facendo.

DANZAS DE ARCOS

A danza de mariñeiros de Betanzos copiada de:http://www.blogoteca.com/cartafoldomandeo/index.php?l=1&pag=5
Se bailou case ininterrompidamente desde a Idade Media. Casto Sampedro y Folgar no seu Cancionero Musical de Galicia fala das danzas gremiais de Betanzos, sen especificar gremios, pasos nin complementos dos danzantes. Na análise que fai das danzas podemos atopar similitude con outras de Galiza. Aínda con iso, a danza de mariñeiros, caracterizada polos arcos, diferénciase doutras danzas executadas por mareantes en Pontevedra, Redondela, Marín ou Baiona, na que os executantes realizan unha "danza de espadas". O vestiario, esencialmente branco con faixa vermella, si é, en cambio, equiparábel a moitas outras danzas.
O guía leva espada , e porra o contraguía mentres un outro mariñeiro, solto da fileira durante a execución do baile, executa unha danza paralela coa bandeira. E a outra figura exenta do grupo de danzantes, que con guía e contraguía representa o triunfo do ben sobre o mal tras a tentación, é a representación do demo, o popularmente chamado Gamachiño. As súas orixes foron rastrexadas até o século XVI, pero refírense a alomenos outro século máis. Os mareantes, en confraría, acompañaban coa súa danza á festa do Corpus e a San Roque desde que é patrón da cidade. Mantida pola confraría, co paso do tempo esmoreceu até que pasou a ser parte do repertorio da O.J.E., tralo que voltou a unha asociación de base no seu barrio da Ribeira, para seguir a acompañar, coas súas carreiras e as súas cintas en branco, azul e vermello simbolizando á cidade, as festas patronais de San Roque







A DANZA DE MARIÑEIROS DE CARIÑO
Se hai unha tradición singular e diferenciadora do Concello de Cariño, esa é a danza de arcos. Vencellada dende sempre aos mariñeiros, a danza de arcos acompaña inexorablemente aos festexos que se celebran na vila.
Ninguén coñece a ciencia certa a súa antigüidade, nin a súa procedencia, se ben os pasos de baile foron trasmitíndose ao longo dos anos de maneira inalterada de pais a fillos.
Case que tódolos rapaces do pobo nalgunha época das súas vidas formaron parte deste masculino baile cariñés, ainda que hoxe en día a tradición adecuouse con naturalidade aos tempos que corren, e a posibilidade de participar abríuse ao xénero feminino.
O día máis álxido do ano para a danza de arcos é o 16 de xullo, festividade da Virxe do Carme, patrona dos mariñeiros. Nesta data a agrupación acompaña por terra e por mar á santa agasallándoa, logo da impresionante travesía mariña aos cantís de Ortegal, con todo un extenso recital de pasos e figuras inverosímiles herdadas de xeración en xeración.
A danza composta por un número impar de homes ataviados cunha vestimenta branca adornada cuns lazos de colores no seu ombro esquerdo, una banda cruzada de dereita a esquerda que pode ser de distintas cores, e un pano floreado á cintura.
O que vai diante, denominado guía, é o encargado de sincronizar os movementos co último, denominado cola. Estes dous bailaríns distínguense por levar un mantón de Manila.
Os arcos de madeira adornados en forma de flor de papel, son movidos ao compás da música facendo distintas filigranas e formas que tanto caracterizan este baile.
Os distintos pasos con bailes se denominan Ponte Alto, Ponte Baixo, Culebrina, Caracol, Paseo Largo e No.
Tamén en San Isidro de Montes bailase unha danza de arcos en honor ao seu patrón, iqual que noutras zonas de España, na que os arcos son engalanados con plantas e flores festexando a este santo labrador.